Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Xullo 2025.

CCOO lamenta o falecemento do compañeiro Serafín Rodal

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento do compañeiro Serafín Rodal Araújo (Vigo, 1961) con só 59 anos. Afiliado ás Comisións Obreiras desde moi novo, desenvolveu toda a súa vida laboral en Campsa Red.

    26/11/2020.
    Serafín Rodal, nunha manifestación en Vigo

    Serafín Rodal, nunha manifestación en Vigo

    Comezou a súa andaina sindical na antiga FITEQA, federación integrada hoxe en CCOO-Industria. Foi membro do comité de empresa de Campsa, responsable da sección sindical de Campsa en Galicia e membro da sección sindical estatal de CCOO en Campsa.

    A súa defensa dos dereitos laborais transitou entre Galicia e Asturias, xa que a Zona Norte de Campsa abrangue ambas as comunidades e nas dúas deixou Serafín a súa pegada.

    «Serafín Rodal foi un exemplo de solidariedade de clase», salientan compañeiras e compañeiros de CCOO-Industria, ao tempo que destacan a súa participación nas reivindicacións do sindicato, así como o apoio aos conflitos doutros sectores, como a longa loita protagonizada polo persoal de elaborados do mar, por mencionar só algúns.