Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Os sindicatos endurecerán as protestas do sector do metal da provincia de Pontevedra ante a actitude das patronais

  • CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá en Vigo para esixir un «convenio xusto»

Delegados e delegadas sindicais de CCOO, UGT e CIG concentráronse esta mañá diante da patronal ASIME, en Vigo, e esixiron un «convenio xusto» para o sector do metal da provincia de Pontevedra. Tras atender os medios de comunicación, representantes das tres organizacións accederon á sede da patronal para manter unha xuntanza informal, na que tamén participaron representantes das asociacións empresariais ATRA e INSTALECTRA.

10/12/2020.
Temas
    O sector do metal da provincia de Pontevedra esixe un convenio digno

    O sector do metal da provincia de Pontevedra esixe un convenio digno

    Segundo Celso Carnero, secretario comarcal de CCOO-Industria en Vigo, esta «breve reunión» serviu para «constatar» que as patronais negan a posibilidade dunha suba salarial en 2020, mentres que a de 2021 a condicionan a unha serie de esixencias que os sindicatos rexeitan. Entre outras, as patronais queren seguir usando as ETT para reducir custos e que o complemento por indemnización de eventualidade se aboe, en vez de mensualmente, cando finalice o contrato.

    «Este non pode ser un convenio de recortes», reprocha Carnero, menos aínda cando haberá fondos europeos para incentivar o traballo no sector. «Nós fixemos peticións moderadas», lembra o sindicalista, pero ante a actitude da patronal «teremos que endurecer as protestas», advertiu.