Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO denuncia a escaseza de ambulancias de urxencia na comarca de Bergantiños

    CCOO denuncia que, na actualidade, só dúas ambulancias cobren as localidades de Carballo, Coristanco e A Laracha. «Xa son insuficientes para abranguer este territorio, pero é que, ademais, son chamadas habitualmente para realizar servizos noutras localidades» como Ponteceso, Malpica e Cerdeda, indican desde o sindicato. «Incluso veñen á cidade da Coruña, a recoller enfermos, a meirande parte deles con positivo en covid-19, e trasladalos ao CHUAC», apunta CCOO.

    22/01/2021.
    Ambulancias que prestan servizo para o 061 | Foto: Google Street View

    Ambulancias que prestan servizo para o 061 | Foto: Google Street View

    Por este motivo, CCOO require á Xunta de Galicia, a través da Fundación 061, que reforce o servizo na comarca, aumentando a dotación de ambulancias. «Este reforzamento xa o deberon facer ante os anuncios de que nos encamiñabamos á terceira vaga da covid», lamentan desde o sindicato.

    Por último, CCOO fai un chamamento á cidadanía a prol dun uso responsable do servizo, dada a actual situación de alarma polo grande aumento no número de contaxios.