Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

#AgoraSiToca

  • Subir o SMI. Derrogar a reforma laboral. Derrogar a Lei de pensións de 2013

Mobilizacións o 11 de febreiro para reclamarlle ao Goberno do Estado que cumpra cos seus compromisos e poña en marcha unha axenda de reformas sociais.

22/01/2021.
Agora si toca

Agora si toca

Durante a crise do coronavirus, CCOO e UGT demostramos con fartura o noso compromiso coa sociedade española, impulsando numerosos acordos, baixo a premisa do consenso, que permitiron a construción dunha inédita rede de protección para o tecido produtivo e as persoas deste país. Con isto, fronte ao ocorrido en crises anteriores, impedimos que se destruísen millóns de postos de traballo e miles de empresas.

Porén, nun momento en que se empeza a albiscar a saída da crise, o Goberno impide avances en ámbitos esenciais e imprescindibles para a igualdade social e a distribución da riqueza. Avances sen os cales a saída da crise efectuarase, coma en crise pasadas, á custa da clase traballadora. Isto non o podemos permitir.

Por que?

CCOO e UGT reclamámoslle ao Goberno que cumpra cos seus compromisos electorais e coas organizacións sindicais e que poña en marcha unha axenda de reformas sociais para garantir unha reconstrución de país xusta que verdadeiramente non deixe a ninguén atrás.

Reformas comprometidas, cuxos piares básicos son o aumento do salario mínimo interprofesional e a derrogación das reformas laborais e a de pensións de 2013; xunto a outros obxectivos como a ampliación dos ERTE, a regulación das plataformas dixitais, a lei de igualdade salarial e un plan de choque contra a sinistralidade.

Reivindicamos:

1) Unha suba do SMI que recupere o rumbo de situar o salario mínimo ao final da lexislatura no 60 % da media salarial, como sinala a Carta Social Europea.

2) Derrogar as reformas laborais, co fin de modernizar o noso modelo de traballo, marcado e lastrado pola precariedade, a temporalidade, os baixos salarios e a inseguridade. O noso país merece empregos e salarios dignos, de calidade e con dereitos.

3) Derrogar a reforma de pensións de 2013, mellorando os ingresos do sistema, derivando aos OXE os gastos impropios que aínda hoxe asume a Seguridade Social, e desenvolvendo os acordos consensuados no marco do Pacto de Toledo.

 

MOBILIZACIÓNS 11 DE FEBREIRO

CIDADE LUGAR
A Coruña Delegación do Goberno (praza de Ourense)
Santiago de Compostela Subdelegación do Goberno (praza de Armanyà)
Lugo Subdelegación do Goberno (praza de Armanyà)
Ourense Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
Vigo Farol de Urzáiz
Pontevedra  Subdelegación do Goberno (praza de España)