Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

II Plan de rescate ás persoas autónomas, con e sen persoas traballadoras, e ás microempresas

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, 18 de febreiro, publica a Orde que regula o II Plan de rescate ás persoas autónomas, con e sen persoas traballadoras, e ás microempresas.

    18/02/2021.
    II Plan de rescate ás persoas autónomas, con e sen persoas traballadoras, e ás microempresas

    II Plan de rescate ás persoas autónomas, con e sen persoas traballadoras, e ás microempresas

    Poderanse beneficiar destas axudas as persoas traballadoras autónomas, con ou sen persoal, así como as microempresas con persoal. Tamén as pemes de ata 25 traballadores/as que facturen menos de dous millóns de euros que acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %.

    Contía das axudas

    No caso das persoas traballadoras autónomas sen persoal, a axuda será de 1200 euros se acreditan un descenso da facturación en 2020, en comparanza co ano anterior, entre o 45 e o 60%; de 2000 euros para unha caída do 60 ao 69% e de 3000 euros a partir do 70%.

    Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das canti­dades indicadas anteriormente.

    No caso de microempresas e persoas autónomas con persoal, a axuda será de 4000, 5000 e 6000 euros, nos mesmos tramos de minoración da facturación indicados anteriormente. A contía a percibir incrementarse en función do persoal a cargo: 1000 euros de 4 a 9 traballadores/as, 2000 euros de 10 a 20 e 3000 ata 25 traballadores/as.

    Prazo de solicitude

    As axudas poderanse solicitar desde o 19 de febreiro de 2021 e durante un mes.