Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Mobilizacións en marzo polo convenio do metal de Pontevedra

    CCOO, UGT e CIG anuncian mobilizacións no mes de marzo ante a persistencia no bloqueo das negociacións do convenio do metal da provincia de Pontevedra. Após catorce reunións, a parte empresarial teima e introducir elementos que precarizarían as condicións de traballo.

    19/02/2021.
    Temas
      Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

      Concentración do sector do metal de Pontevedra en decembro de 2020

      A primeira das concentracións será o luns 1 de marzo diante de Talleres Fontán (Vigo). A seguinte, o xoves 11, diante de Urovesa (Valga). Ambas as súas serán en horario de 11 a 12 horas.

      Xa o día 24, está prevista unha asemblea no Náutico de Vigo (na estación marítima).

      Estado das negociacións

      Ante as profundas discrepancias, motivadas fundamentalmente pola «falta de interese da patronal» en negociar un convenio «que nos permita volver a ser referencia e mellorar as nosas condicións», a negociación centrouse nun convenio de transición para os anos 2020 e 2021.

      Isto supuxo unificar as propostas sindicais nunha soa, concretando a negociación na suba salarial e nos puntos que xa estaban acordados.

      Porén, a patronal teimou en impor as súas pretensións, «nun descarado intento de precarizar o convenio», denuncian os tres sindicatos.

      As empresas pretenden ligar as subas salariais a que non se restrinxa a entrada das ETT no sector. Tamén queren que o complemento de eventualidade se aboe ao final do contrato —agora págase mensualmente—, unha «artimaña» que implicaría «roubarlle aos traballadores e traballadoras a súa indemnización».