Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Un cento de traballadoras e traballadores de Urbaser defende en Santiago os seus dereitos

    O persoal de Urbaser en Santiago de Compostela manifestouse este venres en defensa dos seus dereitos laborais. Denuncian que a empresa pretende recortar diferentes cuestións de carácter sociais, ademais de conxelar os salarios.

    19/02/2021.
    Manifestación do persoal de Urbaser en Santiago de Compostela (19-2-2021)

    Manifestación do persoal de Urbaser en Santiago de Compostela (19-2-2021)

    Desde a Federación de Construción e Servizos de CCOO explican que a empresa «responde con evasivas» á necesidade de negociar un convenio colectivo que recoñeza «o esforzo e compromiso» que as traballadoras e traballadores amosaron durante esta pandemia.

    Segundo CCOO, Urbaser non quere aplicar ningún incremento salarial, pero ao tempo quere recortar cuestións sociais. Entre outras, impedir que o persoal poida acceder á xubilación parcial no tramo máximo do 75 % da xornada; non recoñecer o dereito á antigüidade real na empresa; ou non recoñecer o goce das licenzas retribuídas a partir do primeiro día laborable se o feito causante acontece no tempo de descanso.