Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

CCOO pide retirar a endometriose do cadro de enfermidades excluíntes para o ingreso na Policía Nacional

  • Calcúlase que máis de 60.000 galegas padecen esta doenza, preto de dous millóns en todo o Estado

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia únese ás peticións da asociación querENDO e solicita retirar a endometriose do cadro de enfermidades excluíntes para o ingreso na Policía Nacional. Calcúlase que en Galicia padecen a doenza máis de 60.000 galegas, preto de dous millóns en todo o Estado.

01/06/2021.
A endometriose afecta a unhas 60.000 mulleres en Galicia

A endometriose afecta a unhas 60.000 mulleres en Galicia

CCOO presentará unha queixa formal ante o Ministerio do Interior co obxectivo de que revise o dito cadro de exclusións, ao considerar que é «discriminatorio» e «afastado da evidencia científica» en relación con esta enfermidade.

Así mesmo, CCOO coida «imprescindible» avanzar no diagnóstico precoz. Segundo os datos de querENDO, a detección padece unha atraso medio de oito anos. A demora no tratamento provoca que o prognóstico da enfermidade empeore.