Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO lamenta o falecemento de Luís Caramés, primeiro presidente do Consello Galego de Relacións Laborais

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento de Luís Caramés Viéitez, catedrático de Facenda Pública da Universidade de Santiago de Compostela e primeiro presidente do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) por consenso entre a Xunta de Galicia e os axentes sociais.

    07/06/2021.
    Luís Caramés Viéitez | Foto: Real Academia Galega de Ciencias

    Luís Caramés Viéitez | Foto: Real Academia Galega de Ciencias

    Malia que o seu paso pola institución foi efémero —aproximadamente dous anos—, desde CCOO destácase que o economista puxese o seu prestixio ao servizo dun novo instrumento para as relacións laborais en Galicia, que naquel momento estaba na fase máis incipiente.

    A partir de aí, o CGRL medrou ata converterse nunha ferramenta imprescindible para unhas relacións laborais modernas.

    Por último, o sindicato salienta que Caramés dedicase a súa traxectoria, tanto dentro como fóra da Universidade, a poñer o seu coñecemento ao servizo de Galicia, coa participación en numerosos grupos de traballo e foros. Nalgúns deles, como o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, compartiu participación con CCOO.