Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO pide que o novo servizo de Renfe entre Vigo e Madrid pare en Vilagarcía de Arousa

  • A empresa pretende excluír unha comarca de máis de cen mil habitantes por aforrar cinco minutos

A partir do próximo luns, 14 de xuño, Renfe porá en circulación un novo servizo entre Vigo e Madrid. O sector Ferroviario de CCOO de Galicia pide que este tren pare en Vilagarcía de Arousa, localidade que atravesará, pero na que non está previsto efectuar parada. O sindicato lamenta que a empresa queira excluír unha comarca de máis de cen mil habitantes para aforrar unicamente cinco minutos.

11/06/2021.
Estación de tren de Vilagarcía de Arousa

Estación de tren de Vilagarcía de Arousa

O sector Ferroviario de CCOO argumenta que a parada en Vilagarcía de Arousa contribuiría a aumentar o número de persoas usuarias e repercutiría positivamente na rendibilidade do servizo. Canto á duración do traxecto —principal pretexto de Renfe—, practicamente non se resentiría, pois pasaría de cinco horas e dez minutos a cinco horas e cuarto.

CCOO concibe o ferrocarril como un servizo público, de calidade e sostible, polo que se debe dirixir «ao maior número posible de persoas». Por esta razón, «estamos totalmente en contra» da decisión de Renfe, é que lle pide «que rectifique axiña».