Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Novembro 2025.

Centos de persoas urxen solucións para as Pontes

    A vila das Pontes continúa a loitar polo seu futuro nas rúas e o mércores foi o epicentro dunha protesta multitudinaria convocada polas tres centrais sindicais maioritarias –Comisións Obreiras (CCOO), CIG e UGT—, á que se sumaron centos de veciñas e veciños. Urxiron as Administracións e a propia empresa a pór na mesa solucións para o emprego destruído co peche da central térmica de Endesa.

    01/07/2021.
    Manifestación na vila das Pontes para esixir solucións tras o peche da térmica de Endesa (30/6/2021)

    Manifestación na vila das Pontes para esixir solucións tras o peche da térmica de Endesa (30/6/2021)

    A marcha partía ás 20:00 horas do serán desde a Casa do Concello das Pontes e contou coa participación dos responsables da Federación de Industria de CCOO en Galicia e Ferrol, Víctor Ledo e Nuria Fernández, asi como do secretario comarcal de CCOO de Ferrol, José Hurtado, entre outros.

    A marcha convocouse nunha data sinalada e particularmente dramática, xa que o 30 de xuño finalizou o compromiso de emprego de Endesa, período que remata sen solucións nin garantías para o futuro.

    «Co peche de Endesa, As Pontes empobrécese. A eléctrica non reverte na comarca os inxentes beneficios que obtivo durante as décadas de explotación da mina e da central. Endesa é culpable, pero tamén as Administracións públicas que consenten esta desfeita, con promesas e palabrería de transición xusta que non se concreta en nada», denuncian os sindicatos.

    Amplísimo calendario de mobilizacións

    Esta manifestación deu continuidade a un amplísimo calendario de mobilizacións desenvolvido nos últimos meses, con especial intensidade xa nas últimas semanas. O pasado 10 de xuño, preto dun milleiro de persoas mobilizáronse nas Pontes.

    Posteriormente, os transportistas do carbón afectados polo peche da central térmica, trasladaron as súas demandas ata a sede da Xunta de Galicia, o pasado día 17. Máis tarde, o 25, data en que se comunicou o desprazamento de 30 dos 47 traballadores de Maessa a Francia e Asturias, foron os traballadores afectados e os delegados sindicais os que cortaron o paso a central cunha barricada de lume para visibilizar o rexeitamento a esta decisión, á que CCOO tamén se opón.

    Novas relacionadas

    Manifestación, o 28 de novembro, pola reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

    CCOO denuncia no Parlamento o «maltrato» que representa para Galicia o «abandono industrial» na comarca de Ferrol

    A comarca de Ferrol envía un «SOS» ante a situación de emerxencia industrial

    Folga comarcal en Ferrol o 25 de febreiro

    Adiada ata o 10 de marzo a folga comarcal en Ferrol

    Unha caravana de vehículos pide máis carga de traballo para Navantia

    Os deputados galegos en Madrid comprométense a tentar conseguir carga de traballo para Navantia

    Folga comarcal en Ferrol o 10 de marzo

    Éxito da folga xeral que reclama futuro para Ferrol e a súa comarca

    Mobilización unitaria en Ferrol o 14 de abril

    Pídenlle a Defensa que a transformación do buque 'Galicia' se faga en Ferrol

    Mobilización conxunta en Ferrol do persoal de Navantia e das auxiliares de Endesa

    «Xa tocamos fondo, é o momento de engalar», reclama o persoal de Navantia

    SOS Ferrolterra: nova manifestación o 27 de xuño

    Traballadores das auxiliares de Endesa protestan nas Pontes contra o traslado de 30 operarios de Maessa

    Centos de persoas cortan a ponte das Pías e esixen solucións para Ferrolterra

    As Pontes toma as rúas polo seu futuro

    Centos de persoas urxen solucións para as Pontes

    O tecido sindical e empresarial de Ferrol demanda a intermediación do delegado do Goberno na crise da comarca

    Os sindicatos urxen o Concello de Ferrol a ser «parte activa» na defensa do emprego na comarca