Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Os traballadores e traballadoras de Celsa Atlantic fan presión coa folga para lograr investimentos e un convenio mellor

    Os traballadores e traballadoras de Celsa Atlantic fan presión coa folga para lograr investimentos e un convenio mellor. As dúas primeiras xornadas de folga, de 24 horas de duración, tiveron lugar os días 28 e 30 de xuño. Os paros continuarán os días 3 e 10 de xullo.

    01/07/2021.

    URL | Código para insertar

    Folga en Celsa Atlantic para esixir investimentos e un convenio digno (30/6/2021)

    Folga en Celsa Atlantic para esixir investimentos e un convenio digno (30/6/2021)

    Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO) e CIG denuncian que, ante a falta de investimentos, a planta da Laracha está operando á metade da súa capacidade. Por iso esixen medidas para que se poña «a pleno rendemento». Ao tempo que a fábrica larachesa funciona ao ralentí, a empresa está a destinar cifras millonarias para aumentar a súa produción de aceiro en Francia.

    Canto á negociación do convenio, está bloqueada. Actualmente é a única planta do grupo sen convenio propio, polo que percibe salarios máis baixos —que nin sequera se revalorizan conforme ao IPC—, unha clara discriminación e un caso de «explotación laboral».