Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 8 Maio 2024.

A Administración apoia a campaña de CCOO contra a precariedade na industria do peixe

    A Federación de Industria de CCOO informa do remate da rolda de reunións co Ministerio de Traballo e coa Inspección de Traballo á procura de colaboración no desenvolvemento da campaña #PescarDerechos.

    01/07/2021.
    Salgaduras de peixe | Foto: Pixabay

    Salgaduras de peixe | Foto: Pixabay

    CCOO aplaude o apoio da Administración aos obxectivos da campaña, coa que pretende dar cabo da precariedade e da discriminación que sofren as traballadoras nas empresas de conservas e elaborados de produtos do mar, onde só os homes adoitan percibir os salarios que superan os mil euros mensuais.

    Como parte da campaña #PescarDerechos, CCOO elaborou tamén un informe que reflicte en números as problemáticas das traballadoras destes sectores. De media, cóbrase un 28 % menos que na industria cárnica; as categorías de mestras de fabricación gañan menos que os conserxes, e —como se indicou— só os homes adoitan gañar máis de mil euros.

    Galicia é un dos territorios do Estado onde esta industria ten máis peso, xunto con Cantabria, o País Vasco e Andalucía. O 60 % das 26.500 persoas traballadoras son mulleres, case o 30 % teñen un contrato temporal e o 21 % son fixas-descontinuas. «É unha precariedade aberrante», denuncia CCOO.