Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Convocada folga no sector naval de Vigo ante a grave situación industrial

  • Manifestación o xoves, ás 10 h, desde os estaleiros

Despois de varias asembleas convocadas polos comités das principais empresas do naval e das industrias auxiliares, decidiuse rexistrar un paro no sector o xoves, 22 de xullo, en horario de 10 a 14 horas. CCOO sinala que o principal obxectivo é defender o naval como «piar fundamental» de emprego e de futuro na comarca.

21/07/2021.
CCOO esixe solucións para o sector naval

CCOO esixe solucións para o sector naval

Precisamente, o martes reuníronse a patronal Asime e os principais sindicatos (CCOO, UGT e CIG), e todos coincidiron en sinalar a gravidade da situación.

Por esta razón, CCOO fai un chamamento a secundar «de maneira contundente» a folga, «ferramenta necesaria para defendermos un obxectivo común: salvar os miles de postos de traballo que corren un risco enorme de desaparecer».

Se as Administracións non se implican na procura dunha solución, «non descartamos endurecer as medidas en setembro», apuntan desde CCOO.

Manifestación

Ademais do paro, tamén haberá unha manifestación. A marcha partirá dos estaleiros ás 10 h e farao en dous bloques —un desde Bouzas e outro desde Teis—, que seguirán o percorrido habitual ata o cruzamento de Colón.