Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Esixen que se investiguen as causas do falecemento dun xornaleiro en Castro de Rei

  • Poucos días antes do óbito houbera unha concentración para denunciar a explotación laboral por parte da empresa

CCOO e outras organizacións esixen a investigación das causas que provocaron o falecemento dun xornaleiro de 27 anos que traballaba para a empresa Surexport, con sede en Huelva pero con instalacións no concello lugués de Castro de Rei.

25/08/2021.
Concentración fronte ás instalacións de Surexport en Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei

Concentración fronte ás instalacións de Surexport en Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei

O falecemento produciuse o pasado venres, 20 de agosto. Só dous días antes houbera unha concentración fronte á empresa para denunciar a «explotación» e as «pésimas condicións» laborais e doutra índole que padecen os xornaleiros na Terra Chá.

Case unha semana despois do pasamento, denuncian que nin a empresa, nin a Consellaría de Emprego, nin a Inspección de Traballo ou o propio Ministerio de Traballo estean a «proporcionar información que esclareza o acontecido».

Compañeiras e compañeiros de traballo do falecido relataron nos últimos días que soportan xornadas continuadas de catorce horas, con elevadas temperaturas, case sen auga para hidratárense, sen descanso e con malos tratos verbais.