Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

A aprobación do proxecto de lei de pensións é un paso máis para retomar o consenso político e social

    O pasado mes de xullo, CCOO, UGT, CEOE e CEPYME asinaron un acordo en materia de pensións que implica a derrogación da reforma do 2013, pois inclúe unha nova fórmula de revalorización de pensións ligada ao IPC medio rexistrado. Isto garante plenamente o mantemento do poder adquisitivo.

    25/08/2021.
    #PensiónsConFuturo, campaña de CCOO para explicar as claves do acordo das pensións

    #PensiónsConFuturo, campaña de CCOO para explicar as claves do acordo das pensións

    Canda isto, derrogouse tamén o factor de sostibilidade, que implicaba a minoración da pensión inicial en relación coa evolución da esperanza de vida. Deste xeito, o sistema de pensións volve garantir a suficiencia das prestacións tanto para os actuais pensionistas coma para os futuros xubilados.

    Por todo isto, CCOO coida que a aprobación no Consello de Ministros do proxecto de lei de pensións é unha boa nova, un paso máis na tramitación dunha importante reforma que implica retomar o marco político e consenso social que nunca se debería abandonar neste asunto.

    O acordo garante un financiamento orzamentario adicional moi importante á Seguridade Social, que deixará de financiar gastos que non lle son propios. Ademais, recoñece novos dereitos para os mozos, coidadores e coidadores de persoas dependentes, traballadores do campo ou parellas de feito, que vían menos protección social en termos de seguridade social recoñecida e que agora deben mellorar dun xeito claro.