Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO lembra que a oposición que permitirá cubrir 109 postos fixos de Correos en Galicia é froito da mobilización sindical

    O próximo domingo, 12 de setembro, terán lugar en Galicia os exames para cubrir 109 postos de traballo fixos en Correos. Desde CCOO lembran que estas oposicións son froito do acordo plurianual 2018-2020 asinado por este sindicato tras un longo proceso de mobilización. Por provincias, máis da metade dos postos de traballo (63) corresponden á Coruña; séguenlle Pontevedra (23), Ourense (12) e Lugo (11).

    10/09/2021.
    Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    Concentración diante da Subdelegación do Goberno en Ourense para defender o servizo público de Correos (26/5/2021)

    Segundo CCOO, o presidente do operador postal público impulsou nos últimos anos un plan para «despezar» a compañía, debilitando a estrutura de distribución, oficinas e rede rural. Isto aumentou a precariedade: case o 75 % das prazas en atención ao cliente e o 50 % de axentes de clasificación son a tempo parcial.

    Para o sindicato, o emprego debe ser a «materia central» no plan estratéxico da compañía —que en Galicia perdeu 250 empregos nos tres últimos anos—, de xeito que contribúa a ser un elemento de «competitividade e valor engadido» que lle permita a Correos cumprir os obxectivos de expansión e cumprimento das obrigas de servizo público.

    A estas oposicións preséntanse máis de 150 000 aspirantes en todo o Estado, distribuídos en 130 sedes de 32 localidades diferentes. En Galicia, os exames serán simultaneamente en Silleda —para as provincias da Coruña e de Pontevedra— e Lugo —para as de Lugo e Ourense.