Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

A Comisión Executiva Nacional de CCOO amosa o seu compromiso coa Mariña ante a crise industrial da comarca

    A Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia reuniuse o luns coa dirección comarcal do sindicato na Mariña. A xuntanza estivo marcada pola grave situación que padece a industria nesta bisbarra, onde as multinacionais Alcoa e Vestas pretenden deixar sen emprego a máis de 600 traballadores e traballadoras.

    05/10/2021.
    Reunión da Executiva Nacional de CCOO coa dirección comarcal do sindicato na Mariña

    Reunión da Executiva Nacional de CCOO coa dirección comarcal do sindicato na Mariña

    A secretaria xeral nacional, Amelia Pérez, e a comarcal, María José Novoa, reiteraron nesta reunión o apoio de CCOO ao persoal de ambas as dúas empresas, que se están mobilizando a diario polo futuro da industria, que é o mesmo que dicir polo futuro da Mariña.

    Para o Sindicato Nacional de CCOO, as fábricas de Alcoa e Vestas son estratéxicas para Galicia nun contexto de transición ecolóxica e enerxética, onde o aluminio e o sector eólico teñen moito que dicir. Por esta razón, resulta incomprensible que ambas as dúas multinacionais pretendan poñer paus nas rodas e levar a súa produción a outros lugares do mundo.

    Asemade, CCOO repróchalles a falta de sensibilidade social con Galicia e particularmente coa Mariña, que lles deu todas as facilidades do mundo para instalarse e que agora pretenden abandonar cun custo social incalculable —máis de 600 empregos directos e moitos máis indirectos.