Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

O persoal de FCC maniféstase polo futuro da planta de Lousame

    As traballadoras e traballadores de FCC convocaron folga este luns para defender o futuro da planta de reciclaxe de Lousame. Na véspera, mobilizáronse polas rúas de Noia, un dos nove concellos aos que presta servizo. Desde o comité de empresa manifestan a súa preocupación polo futuro das instalacións, pois temen que se converta nunha planta de transferencia para Sogama, o que implicaría un cambio de modelo e destrución de postos de traballo.

    11/10/2021.

    URL | Código para insertar

    En primeiro termo, Ricardo Santos, responsable comarcal de CCOO do Hábitat en Santiago-Barbanza, na conferencia de prensa que tivo lugar este xoves

    En primeiro termo, Ricardo Santos, responsable comarcal de CCOO do Hábitat en Santiago-Barbanza, na conferencia de prensa que tivo lugar este xoves

    Actualmente, a planta emprega a case 160 persoas e dá servizo aos concellos que integran a Mancomunidade Serra do Barbanza, integrada por Lousame, Muros, Porto do Son, Noia, Brión e Carnota. Alén destes, tamén recolle o lixo de Pontecesures, Rois e Ames. En total, unha área xeográfica con máis de 86.000 habitantes.

    Para o comité de empresa, o modelo actual funciona e, ademais, está na liña do que marca a Unión Europea. A situación é oposta ao modelo de Sogama —a incineración—, defendido pola Xunta de Galicia pero rexeitado polas autoridades comunitarias.

    Cambio de modelo ao remate da concesión

    O comité da planta presentou hai xa ano e medio un proxecto explicando como debía ser o futuro tras a finalización da actual concesión no ano 2023. Para isto tíñanse en conta os requirimentos establecidos pola Unión Europea en materia de xestión de residuos sólidos urbanos.

    A proposta foi presentada a todas as forzas políticas con representación no Parlamento galego e a todos os concellos da Mancomunidade. Foi precisamente o seguimento desta proposta o que lle permitiu ao comité comprobar que a entidade supramunicipal carecía de proxecto algún e destapou as graves carencias que poñen en perigo o futuro da planta.

    As peores sospeitas confirmáronse e o comité de empresa detectou outra proposta realizada pola propia empresa FCC á mancomunidade na que se prevía a supresión da quenda de noite en triaxe e unha importante redución do persoal en recollida. Isto desvirtuaría o modelo de reciclaxe actual, precisamente o que permitiu situar a planta de Lousame como unha das mellores do Estado.