Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

IV Plan rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as axudas do IV Plan rescatedas persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19.

    28/10/2021.
    IV Plan de rescate

    IV Plan de rescate

    Son axudas directas para satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como a compensar os custos fixos en que se incorreu, sempre e cando estes se xeraran entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021 e procedan de contratos anteriores ao 13 de marzo de 2021.

    Primeiro satisfaranse os pagamentos a provedores e outros acredores non financeiros, por orde de antigüidade; en segundo lugar, reducirase a débeda con acredores financeiros, primando a redución da débeda con aval público e, por último, poderá destinarse o remanente da axuda a compensar os custos fixos en que se incorreu, que inclúen as perdas contables propias da actividade empresarial, e que non fosen cubertos polas axudas do III Plan Rescate da Xunta de Galicia nin por calquera outra axuda.

    Toda a información sobre as axudas (contía, prazos, requisitos) está no documento anexo a esta nota informativa, que inclúe ligazón directa á Orde publicada no DOG.