Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Concentración na estación de tren da Coruña para esixir o restablecemento de todos os servizos ferroviarios suprimidos en Galicia

    Os comités de empresa de Adif e Renfe das catro provincias galegas concentráronse este venres na estación de tren de San Cristovo (A Coruña) para esixir o restablecemento de todos os servizos ferroviarios suprimidos desde o comezo da pandemia.

    29/10/2021.
    Concentración na estación de tren da Coruña para esixir o restablecemento dos servizos ferroviarios

    Concentración na estación de tren da Coruña para esixir o restablecemento dos servizos ferroviarios

    A representación legal dos traballadores e das traballadoras esixe a cobertura de todos os postos de persoal necesarios para poder cubrir os servizos coas debidas garantías de calidade, así como a recuperación e mellora de todos os servizos ferroviarios previos á pandemia.

    Coa escusa da crise sanitaria, Renfe aproveitou para perpetrar un novo recorte nos servizos ferroviarios en Galicia. Co alivio das restricións só recuperou algúns servizos, deixando esquecidos outros moitos que afectan sobre todos ás zonas máis desfavorecidas.

    Ademais, a falta de persoal está a supor supresións de servizos por falta de maquinistas, miles trens viaxan sen interventor e están pechados moitos postos de venda e estacións.

    Isto súmase á externalización en Adif de servizos como o mantemento da infraestrutura, a atención aos clientes nas estacións ou a xestión.

    Nas últimas tres décadas, os cadros de persoal das empresas públicas ferroviarias reducíronse de 9000 a menos de 2000. Isto, ademais, cunha das medias de idade máis elevadas de todo o Estado.