Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

O Tribunal de Contratación Pública atende as medidas cautelares solicitadas por CCOO na licitación da axuda no fogar de Padrón

    O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGal) atendeu as medidas cautelares solicitadas por CCOO do Hábitat na licitación do servizo de axuda no fogar (SAF) de Padrón. Tras presentar o sindicato un recurso en que detalla distintas deficiencias nos pregos do concurso, o organismo público acordou por unanimidade suspender a contratación do servizo, aínda que permite que se poidan presentar ofertas.

    19/11/2021.
    O persoal do servizo de axuda a domicilio de Padrón reclama pregos dignos

    O persoal do servizo de axuda a domicilio de Padrón reclama pregos dignos

    Entre as eivas detalladas por CCOO salienta unha diferenza de case dez mil horas anuais entre o que recollen os pregos e o servizo que se está a prestar na actualidade, que supera as 36.000. O sindicato alerta de que isto tamén ten repercusións económicas que non prevé a licitación nos termos en que está redactada.

    Igual que aconteceu xa con outras licitacións similares, CCOO advirte de que os pregos de Padrón non prevén unha partida orzamentaria detallada sobre os equipos de protección individual (EPI) necesarios, limitándose a unha previsión global. Novamente, isto tamén ten un impacto económico.

    Outra das principais deficiencias detectadas por CCOO é o non recoñecemento do crédito sindical necesario para a representación legal do persoal. Actualmente hai cinco delegadas que teñen recoñecidas en conxunto 1680 horas anuais para realizaren exclusivamente tarefas sindicais.

    Segundo CCOO, a falta de concreción ou previsión dos distintos aspectos recollidos no prego provocan un desaxuste de máis de 230.000 euros por cada ano de prestación do servizo, o que obrigaría a empresa adxudicataria a incumprir as súas obrigas do persoal ou ben renunciar a obter beneficios.