Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO-Ensino concéntrase diante da Consellaría para esixir a cobertura das baixas médicas

    A Federación do Ensino de CCOO de Galicia concentrouse esta mañá diante da Consellaría de Educación para esixir a cobertura das baixas médicas. O sindicato leva dúas semanas denunciando que o departamento autonómico non cobre as vacantes de todos os corpos de persoal docente desde o pasado 30 de novembro.

    15/12/2021.
    Protesta de CCOO-Ensino diante da Consellaría de Educación

    Protesta de CCOO-Ensino diante da Consellaría de Educación

    Actualmente, hai 240 vacantes sen cubrir —136 do corpo de mestres e mestras e 104 en secundaria—. A situación esténdese a algunhas interinidades que abranguen todo o curso escolar, «co prexuízo grave para o alumnado que isto significa», denuncia CCOO.

    A non cobertura de baixas súmase á non prolongación do programa ARCO (Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación), malia que os centros educativos así o demandan. Para CCOO, isto é «o maior ataque ao ensino público dos últimos anos» e significa unha volta máis aos recortes xa iniciados ao principio deste curso escolar, e que cadra agora coa sexta vaga da pandemia.

    CCOO leva semanas interpelando a Consellaría de Educación sobre estes dous asuntos. Ante o silencio da Xunta, o sindicato concentrouse este mércores diante do complexo administrativo de San Caetano. Ademais, a Federación do Ensino solicitoulle á valedora do pobo que interceda ante a Administración sobre ambos os temas.