Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O persoal da hospitalización privada de Pontevedra comezou en Vigo as mobilizacións polo seu convenio

    O sector da hospitalización privada da provincia de Pontevedra comezou este mércores en Vigo as mobilizacións en defensa do seu convenio. Delegadas e delegados concentráronse hoxe fronte ao Hospital El Pinar e retomarán as protestas á tarde, de 16 a 17 horas, cunha concentración fronte ao Hospital Concheiro, na avenida de Madrid.

    15/12/2021.
    Concentración sindical diante do Hospital El Pinar, en Vigo

    Concentración sindical diante do Hospital El Pinar, en Vigo

    Coas mobilizacións esixen un convenio colectivo que mellore as súas condicións laborais e reflicta o esforzo realizado durante a pandemia. Comisións Obreiras, xunto a UGT, CSIF e CIG, denuncia que a patronal se nega a garantir o poder adquisitivo dos salarios ou a actualizar as táboas salariais, malia que hai categorías por baixo do SMI.

    Reprochan, tamén, que a patronal condicione un posible aumento salarial a renunciar á negociación da xornada anual, que leva sendo a mesma nos últimos oito anos.