Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO denuncia a conxelación salarial e empeoramento das xornadas de traballo do persoal da empresa Solitum Noroeste

    A empresa Solitum Noroeste é concesionaria de servizos nos Xulgados de Galicia e nos hospitais do Sergas.

    29/12/2021.
    Conflicto laboral Solitiumnoroeste

    Conflicto laboral Solitiumnoroeste

    Nun comunicado de prensa conxunto dos sindicatos que ostentan la representatividade na empresa SOLITIUM NOROESTE: CCOO, CIG e UGT, denuncian o BLOQUEO por parte da empresa da NEGOCIACIÓN da REVISIÓN SALARIAL para os anos 2020 – 2021 e 2022, xa que négase a actualizar os salarios dos seus empregados/as desde hai dous anos, coa perda de poder adquisitivo que isto supón para eles e as súas familias, tendo en conta que o IPC para o ano 2021 pode rebasar o 5,5%.

    Na actualidade, SOLITIIUM NOROESTE, é concesionaria dos Servizos de IMPRESIÓN DOCUMENTAL nos XULGADOS de Galicia e nos HOSPITAIS do SERGAS, polo que as 145 persoas traballadoras que forman parte da sua plantilla son ESENCIAIS nestes momentos tan complicados que estamos a vivir por mor da pandemia

    Desde CCOO, CIG e UGT non convocamos ningún tipo de MOBILIZACIÓN ata o momento, porque crimos necesario facer un exercicio de RESPONSABILIDADE, sabendo os GRAVES PROBLEMAS que suporían para a cidadanía, o bloqueo dos XULGADOS, xa saturados de traballo na actualidade, e dos HOSPITAIS coa situación que están a vivir pola pandemia provocada polo Covid-19.

    Por último, queremos trasladar desde CIG, UGT e CCOO, que ademais do Bloqueo da Revisión Salarial, SOLITIUM NOROESTE pretende empeorar de xeito UNILATERAL as condicións laborais do seu persoal no referente a HORARIOS e XORNADAS LABORAIS, incumprindo o pactado no Convenio Colectivo que se atopa en VIGOR ata o 31 de decembro de 2022.

    Por todas estas cuestións queremos comunicar que aos tres sindicatos terminóusenos a paciencia, e que chegaremos ata onde haxa que chegar para defender o PODER ADQUISITIVO e os DEREITOS LABORAIS dos 145 traballadores e traballadoras de SOLITIUM NOROESTE.