Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 30 Marzo 2024.

Un ano dá para moito, e máis un tan intenso como o 2021

    Son só unha mostra moi pequena da nosa actividade sindical, compromiso social e defensa dos dereitos da clase obreira.

    30/12/2021.

    URL | Código para insertar

    Un resumo coas imaxes publicadas neste ano nos nosos medios de comunicación. Son só unha mostra moi pequena da nosa actividade sindical, dunha organización cada vez máis grande e importante. Un instrumento necesario para os traballadores e traballadoras de Galicia.

    Este ano 2022 preséntase cheo de novos retos e conquistas sociais, e temos que, xunto ao necesario diálogo, poñer en valor a mobilización.

    As traballadoras e traballadores seguimos sendo vítimas da degradación dos dereitos laborais, que só grazas á mobilización —e mesmo á folga— é posible facer fronte ás políticas que pretenden que sigamos pagando as crises con baixadas de salarios, perda de dereitos consolidados e unha temporalidade insoportable.

    Grazas polo voso apoio, confianza, militancia e profesionalidade.