Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A secretaria xeral de CCOO explica na Cadena SER as principais claves da reforma laboral

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO pasou polos micrófonos de Radio Galicia-Cadena SER para explicar as principais claves da reforma laboral .«Esta reforma é un punto e seguido, non un punto e á parte», sinala Amelia Pérez

    07/01/2022.
    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Amelia Pérez puxo en valor a importancia de chegar a acordos no actual «tempo da crispación». Neste sentido, avogou por explicar que se poden «facer as cousas doutro xeito» e contrapuxo a reforma laboral do PP, que naceu da imposición, coa actual, que «é unha reforma que se produce no ámbito do diálogo social».

    Non foi doado chegar ao acordo, explicou, pero «é unha reforma de calado que incide sobre moitas cuestións», como a negociación colectiva, aultraactividade dos convenios ou redución da temporalidade, entre outros asuntos.

    No entanto, a secretaria xeral de CCOO avanzou que con esta reforma non queda todo feito. «É un punto e seguido, non un punto e á parte», aclarou, porque aínda quedan moitas cuestións que mellorar no mercado laboral «e que non foi posible abordar nesta negociación por razóns temporais», xa que era preciso chegar a un acordo antes do 31 de decembro.

    Audios asociados

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, valora a reforma laboral na Cadena SER