Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Axudas á promoción e consolidación do emprego autónomo

    Terán dereito a estas axudas as persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos incluídos, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

    26/01/2022.
    Axudas para o empergo autónomo | Foto: Pixabay

    Axudas para o empergo autónomo | Foto: Pixabay

    En que consiste o programa?

    Nunha axuda económica ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

    Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambos incluídos, sempre que cumpran as condicións previstas.

    Cal é a contía da axuda?

    A contía é de 2000 € para persoas desempregadas en xeral e de 4000 € para determinados colectivos. A contía base poderase incrementar un 25% en determinados supostos ata un máximo de 10.000 €.

    Prazo de presentación de solicitudes

    O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo está aberto ata o 30 de setembro de 2022.

    Máis información

    Anexo a esta nota informativa podes atopar a orde completa publicada no DOG, así como unha folla resumo editada por CCOO.