Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Xullo 2025.

Éxito da folga en QUIRÓNSALUD de Pontevedra pola falla de acordo na negociación do convenio

    A resposta das traballadoras e traballadores de Quirónsalud de Pontevedra, na folga convocada por Comisións Obreiras e o Comite de empresa foi un éxito.

    16/03/2022.

    URL | C�digo para insertar

    Folga Quirónsalud

    Folga Quirónsalud

    Eusebio Justo responsable da negociación por CCOO, cualificou a resposta de «rotundo éxito, especialmente no persoal máis precarizado». Mostraron o seu malestar ante o Concello de Pontevedra, pola sospeitosas actuacións e ordes que lle dan a policía local e outros traballadores municipales de retirar pancartas e carteis denunciando o comportamento da dirección de Quirónsalud, poñer reparos as protestas dos traballadores e traballadoras, ou impedir a utilización dun altavoz na concentración. Novamente o Alcalde de Pontevedra impide aos traballadores e traballadoras exercer o seu dereito a manifestarse e trasladar a cidadania a súa problemática laboral, poñéndose novamente ao lado do poder.

    Durante todo o día o persoal manifestou o seu descontento coa posición da dirección de Quirónsalud pola súa pretensión de impoñer as súas propostas sen considerar as da aprte social.. As negociacións do convenio colectivo levan meses de retraso, e por parte da patronal non se ve «vontade clara de acadar ningún acordo» en temas salariais, quendas, nin horarios de traballo, denuncia CCOO.

    «Se nos próximos dias a empresa non mostra un achegamento as propostas do Comité de empresa nas negociacións, manteranse as convocatorias de folga e de protestas do persoal.