Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Axuda no Fogar | Acción Sindical

O TACGAL paraliza os Pregos do SAF de Vilardevós por non recoller a suba do 6,5% para o 2022, tras a denuncia de CCOO.

    CCOO califica de “Alarmante” o descoñecemento que teñen as Administracións Locais da Realidade Laboral das Auxiliares de Axuda do Fogar.

    08/05/2022.
    Concello de Vilardevós

    Concello de Vilardevós

    CCOO do Hábitat de Galicia interpuxo Recurso Administrativo ante o TACGAL (Tribunal Administrativo de Contratación Pública) contra o Concello de Vilardevós debido a elaboración dos Pregos Administrativos para o Servizo de Axuda no Fogar donde non reflicteu as actualizacións dos Salarios para o 2022, os cales teñén un incremento do 6,5% grazas a Sentenza gañada por CCOO ante o TSXG do 2013, pola cal cerca de 10.000 traballadoras do Sector de Axuda no Fogar de Galicia xa se favoreceron dun incremento total do 16,8% dende o 2012.

    O Concello de Vilardevós convocou a licitación do contrato para o Servizo de Axuda no Fogar, cun valor estimado declarado de 743.604,30 euros, o día 8 de abril de 2022. Pero veuse na obriga de Remitir ao Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, o expediente de licitación en relación co Recurso Especial en Materia de Contratación interposto pola representación do Sindicato Nacional de Galicia de CCOO. 

    A Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública, determina que ás irregularidades na conformación do orzamento da licitación expostas no recurso, explica e verifican que os cálculos do órgano de contratación non se axustan ás vixentes táboas salariais do convenio colectivo de aplicación, así como a ausencia doutros custos que poderían ser aplicables, sen que polo órgano de contratación se faga consideración de tipo ningún.

    Con esta Resolución do TACGAL, unha vez mais CCOO do HÁBITAT de Galicia como primeira foza sindical no sector, segue xustificando con feitos o “Plan de Traballo Aplicado na Contratación Pública”, na sua aposta por defender as condicións laborais das traballadoras de Axuda do Fogar dende o Orixe do Problema.

    Luis Rodas, Secretario de Acción Sindical da Federación de Hábitat de Galicia, volve a recordar que:«non fai moito eran escasos os servizos que subian dos 14 euros/hora, pero hoxe, e grazas a constante belixerancia do traballo de CCOO, estase cambiando a tendencia e xa moitos concellos estan sacando pregos por encima dos 19 euros/hora, algo que sin ser óptimo, sí permite cumprir as condición mínimas legais establecidos en Convenio para os traballadores e traballadoras que presta servizos nos diferentes SAF de Galicia». Así pois, Rodas manifesta a importancia do traballo de seguimento de control dos concursos públicos, «donde o traballo de impugnacións de Pregos e concursos públicos, dan como resultado que nun 80% dos casos o TRIBUNAL DE CONTRATACIÓN PÚBLICA nos da razón a Federación, obrigando a refacer pregos e recoller os prezos reais de custo laboral». 

    Ligazóns relacionados: