Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

O segundo día da folga do metal na provincia da Coruña volve ser un éxito

    Milleiros de traballadores participaron no piquete da folga, concentrándose principalmente nas primeiras horas da mañá nas entradas das fábricas máis emblematicas, como Estrella Galicia ou Alumán, e logo discorreu polo polígono da Grela.

    12/05/2022.
    folga metal A Coruña

    folga metal A Coruña

    A xornada só se viu ensombrecida pola «desproporcionada» actuación policial na Coruña, que CCOO rexeita. A intervencion saldouse cunha carga e coa detención dun traballador. CCOO defende o exercicio do dereito fundamental á folga e á liberdade sindical e reitera o seu apoio a esta convocatoria en defensa dun convenio digno para o sector.

    Os próximos días 18 e 19 de maio, os tres sindicatos convocadores aseguran que as protestas «irán a máis». O día 18 concentrarán todas as súas forzas na zona da Coruña, onde se prevé unha gran manifestación que atraerá traballadoras e traballadores do metal do resto da provincia.

    Entre outros puntos, o máis destacado que se está a reivindicar é o mantemento do poder adquisitivo e o dereito á subrogación.