Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Xullo 2025.

Multitudinaria manifestación na Coruña na terceira xornada de folga do metal

    O terceiro día da folga do metal na provincia da Coruña volve ser un éxito, cunha multitudinaria manifestación que percorreu varias vías da cidade herculina.

    18/05/2022.
    Manifestación na Coruña con motivo da folga provincial do metal (18/5/2022)

    Manifestación na Coruña con motivo da folga provincial do metal (18/5/2022)

    Comisións Obreiras, UGT e CIG esixen un convenio «digno» para os máis de 16.000 traballadores e traballadoras que o sector ten na provincia da Coruña. A principal demanda é garantir o poder adquisitivo dos salarios e o dereito á subrogación nas empersas de mantemento.

    CCOO-Industria lamenta que a patronal leve dous anos sen ofrecer avances na negociación, chegando á última reunión cunha proposta económica rexeitada polos sindicatos, xa que implicaría unha perda de poder adquisitivo.

    Mañá xoves, 19 de maio, terá lugar a cuarta xornada de folga en defensa do convenio provincial.