Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Pacto de Estado pola industria XA! O sector necesita solucións urxentes.

    Amelia Pérez Secretaria Xeral de CCOO-Galicia, lembra a necesidade dun Pacto pola Industria froito do diálogo social e que: «Os procesos de transición nos que estamos inmersos teñen que ser aproveitados como unha oportunidades para voltar a industrializar o noso país»

    31/05/2022.
    Asemblea polo pacto Estatal pola Industria.

    Asemblea polo pacto Estatal pola Industria.

    Na cidade da Coruña tivo lugar a asemblea de delegados e delegadas da federación de Insdustria de CCOO de Galicia, no marco da campaña feita en toda España: "Pacto de Estado pola insdustría Xa". Para o sindicato, o Pacto de Estado pola Industria ten que ter todo o consenso posible e recibir o apoio do arco parlamentario para que, goberne quen goberne, a industria deféndase e impulse.

    Na sede coruñesa do sindicato, interviñeron: Gerardo Cortijo (Responsable de Politica Industrial de CCOO de Industria Estatal) e Víctor Ledo (Secretario Xeral da Federación de CCOO Industria Galicia) 

    Na súa intervención, Victor Ledo sarientou a necesidade de asistir a manifestación do 21 de xuño en Madrid porque: "É imprescindible definir canto antes un Plan de Dixitalización da Industria cun decidido apoio ao investimento. Débese desenvolver e implantar o Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación.

    Gerardo Cortijo, lembrou que un pacto destas características necesita dun acordo de todos os axentes sociais para que sexa duradeiro no tempo e non se vexa afectado polos calendarios políticos. «O Pacto pola Industria debe ser a antesala dunha nova Lei de Industria que, do mesmo xeito que ocorreu coa reforma laboral, ten que ser froito do diálogo social», indicou Cortijo.

    A Lei de Industria actual é de 1992, cando a industria pesaba un 27% no PIB, agora rolda o 14%. O anteproxecto da Lei de Industria actual, en caso de saír adiante, non entraría en vigor ata o 4º trimestre de 2023. O pacto debe ser garante da aplicación desa lei, ferramenta da súa Gobernanza e execución, ademais do instrumento que garanta o compromiso de todas as forzas políticas democráticas.

    Para Amelia Pérez SX de CCOO- Galicia: «O aprendizaxe na pandemia ten que levarnos a unha resituación industrial para volver a recuperar ese 20% de peso no PIB do sector de industrial. A estabilidade económica e social dun país ven dado polo peso equilibrado de todos os sectores, e neste caso.do valor engadido do sector da industria que ,evidentemente en este momento ten que vir acompañado dun cambio de estrategias e de políticas».

    🗣 Pacto de Estado pola INDUSTRIA XA¡¡¡ Construir futuro, hacer país.