Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

O Consello Comarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras aproba unha resolución contra a agresión perpetrada polo alcalde de Ourense a unha compañeira do sindicato

    O Consello da Unión Intercomarcal de Ourense-Valdeorras aprobou por unanimidade na reunión do 31 de maio de 2022 unha resolución en contra da agresión do alcalde de Ourense a compañeira do Lola Panero

    03/06/2022.
    CCOO condena a agresión de Gonzalo Pérez Jácome a unha compañeira deste sindicato

    CCOO condena a agresión de Gonzalo Pérez Jácome a unha compañeira deste sindicato

    Nesta resolución, CCOO:

    — Condena e lamentable a inxustificada agresión á compañeira, membro desta Comisión Executiva e coordinadora do sector da Administración do Estado en Galicia. 

    — Manifesta publicamente o total apoio á compañeira, agredida no exercicio das súas responsabilidades sindicais (recoñecidas no marco da Lei Orgánica de Liberdade Sindical).

    — Rexeita rotundamente a violencia inxustificada e arbitraria do alcalde de Ourense, agravada polo cargo que ocupa por tratarse da cabeza visible do citado Concello.

    — Apoia todas as accións xudiciais, iniciadas ou que se inicien, para que esta actuación non quede impune e se restitúa o honor e a propia imaxe de CCOO e das mulleres sindicalistas de CCOO e en particular da compañeira que foi menosprezada e degradada en dúas acción públicas: primeiro, na Praza Maior, e despois no comunicado posterior do alcalde atacando a súa condición laboral e sindical.