Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO é o sindicato que máis sobe no Concello de Ourense e reforza a súa posición

    Celebradas as eleccións sindicais no Concello de Ourense, CCOO é o sindicato que máis sobe en votos e representación, reforzando a súa posición como segunda forza sindical a moi pouca distancia da primeira.

    10/06/2022.
    Candidatura de CCOO nas eleccións sindicais do Concello de Ourense

    Candidatura de CCOO nas eleccións sindicais do Concello de Ourense

    O sindicato máis votado foi CSIF (32,4% dos votos), o que lle vale repetir os mesmos seis delegados e delegadas que xa tiña.

    A continuación sitúase CCOO, co 27% dos votos e un incremento de tres a cinco delegados e delegadas, unicamente a 29 sufraxios de distancia do sindicato corporativo.

    A moita distancia sitúanse a UGT e SPPME, cada un co 13% dos votos e dous delegados e delegadas, os mesmos que a CIG (9%). A outra candidatura presentada, a da USO, quedou sen representación.

    CCOO salienta o elevado grao de participación nestes comicios, en que exerceron o voto o 87,4% das traballadoras e traballadores con dereito ao sufraxio, e agradece a confianza depositada na súa candidatura, que traballará arreo en defensa dos dereitos de todo o persoal municipal.