Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Actualidade Sindical

Os sindicatos comarcais de Arousa e Pontevedra renovan os seus cargos

    Con motivo do falecemento do secretario xeral de Pensionistas de Arousa, Elías Vila, e a dimisión por necesidades persoais do secretario xeral de Pontevedra, Juan Carlos Barreiro, convocáronse sendas xuntanzas das Executivas correspondentes.

    17/06/2022.
    Secrertaria Xeral de Pontevedra: Mercedes Márquez
Secretario Xeral de Arousa: Benito Diz

    Secrertaria Xeral de Pontevedra: Mercedes Márquez Secretario Xeral de Arousa: Benito Diz

    Asistiron as devanditas reunións, Carlos Mella Teijo, Secretario Xeral de Pensionistas de Galicia e Xoán Carlos Aneiros Rico, Secretario de Organización.

    A Executiva de Pontevedra celebrouse o 13 de xuño de 2022, e por votación unánime asume a responsabilidade de Secretaria Xeral, a compañeira Mercedes Márquez Rodríguez.

    Na Executiva celebrada o 14 de xuño de 2022 en Vilagarcía de Arousa, e tamén por unanimidade, resólvese nomear a Benito Diz Piñeiro, como Secretario Xeral de Pensionistas de Arousa.

    Desexamos aos dous nomeados unha lexislatura frutífera, que sirva para mellora do Sindicato e beneficio dos maiores.