Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO destaca o seguimento case total da folga nas principais empresas de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña

    CCOO do Hábitat destaca o seguimento case total da folga nas principais empresas de carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña. Segundo o sindicato, «o persoal asumiu que cómpre mobilizarse polo custo da vida e a non revalorización dos salarios», de aí que a resposta sexa «masiva, cos traballadores organizándose para facer desta xornada de paro un éxito».

    29/06/2022.
    CCOO salienta o éxito desta primeira xornada de folga

    CCOO salienta o éxito desta primeira xornada de folga

    Desde CCOO-Hábitat critican a «falta de interese» da parte patronal para dar unha solución ás «xustas reivindicacións» do persoal, que reclama unha cláusula de revisión para garantir o poder adquisitivo dos salarios. «Non se entende a actitude, cando estas empresas están en máximos de carga de traballo e, polo tanto, de beneficios».

    Había corenta anos que o sector non ía á folga e agora ten convocadas catro xornadas de paros. A primeira está sendo hoxe e as vindeiras serán os días 13, 27 e 28 de xullo.