Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

CCOO asina o III Convenio de Lidl España

    CCOO, xunto con UXT, asinou o III Convenio de Lidl España. O texto recolle unha subida salarial consolidable do 6,5% e un salario mínimo a xornada completa de 18.000€ a fin de vixencia do acordo.

    07/07/2022.
    melloras do III Convenio de Lidl España

    melloras do III Convenio de Lidl España

    O texto recolle melloras en materia de xornada como a baixada de 1.795 a 1.768 horas anuais. Ademais, garante que o mínimo de xornada en 2024 sexa de 25 horas semanais e recolle a consolidación de horas complementarias para loitar contra a parcialidade na contratación. 

    En canto a salario, páctase unha subida salarial consolidaba do 6,5% máis un 0,5% non consolidable. Ademais, con este acordo consiguese un obxectivo prioritario do sindicato como é que o salario mínimo na empresa alcance os 18.000€ ao final da vixencia do convenio. 

    O convenio tamén regula o pago de domingos e festivo en extraordinario para as tendas con menos de 16 domingos de apertura, aumentando así o salario por hora ordinaria. 

    CCOO valora moi positivamente este acordo que supón unha mellora das condicións laborais do persoal de Lidl e posiciónase como un dos mellores convenios do sector.

    Vídeo melloras: AQUÍ