Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO reivindica unha implicación real da FEGAMP co sector de axuda no fogar.

    A Federación do Hábitata de CCOO reuniuse este venres co Presidente da FEGAMP para abordar as dificultades que está soportando o sector.

    23/07/2022.
    Implicación real da Fegamp no S.A.F.

    Implicación real da Fegamp no S.A.F.

    Alejandra Gesto Montes Secretaria Xeral de CCOO Hábitat Galicia, e Luis Rodas García responsable de Organización mantiveron unha reunión con Alberto Varela, presidente da FEGAMP. Os temas tratados forón moi amplios e dende Hábitat Galicica amosamos a diagnose do futuro inmediato do sector de axuda o fogar, e solicitouse a colaboración da FEGAMP na posta en marcha de medidas para implementar no sector de axuda o fogar que desemboquen nunha mellor calidade tanto do servizo como do emprego dun dos sectores con mais proxección económica e laboral de Galicia.

    O presidente da FEGAMP comparte a diagnose feita e engade que os concellos están moi solos ante a problemática da axuda o fogar, donde a financiación debe ser soportada nun porcentaxe moi alto polos propios concellos e insta tanto a Xunta como a Goberno Central a cambiar a financiación para facer de este sector un servizo de calidade.

    Ambas partes acordaron poñer as bases para a creación dunha mesa de dialogo entre os Sindicatos, as empresas a Fegamp e donde necesariamente debe estar presente a Xunta de Galicia.

    As melloras tanto económicas como de calidade do traballo das auxiliares, as melloras en pregos, a implementación de franxas horarias razoables, serán tratadas en dita mesa de dialogo por todas as partes afectadas.

    Dende CCOO Hábitat, esperamos que este importante acordo sexa ben acollido tanto polas asociacións de empresas do sector, como polas demais centrais sindicais, así como por unha das partes mais importantes na solución dos problemas do sector que é a Xunta de Galicia.