Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Maio 2024.

✍️CCOO asina os Criterios comúns para a elaboración das convocatorias de estabilización no emprego público local en Galicia.

    A pesar de que calquera acordo cunha contraparte conleva non conseguir todo aquilo que che propós, desde CCOO facemos unha valoración positiva porque contén cuestións para loitar contra o abuso da precariedade e temporaridade nas administracións públicas locais.

    04/08/2022.
    Representación asinando o documento

    Representación asinando o documento

    Este é o primeiro acordo entre as CCOO, CIG e UGT e a FEGAMP, producto da Mesa de Traballo constituída que viña demandando CCOO. 

    Desde o sector da Admnistración Local da Federación de Servizos a Cidadnía de CCOO de Galicia, facemos unha valoración positiva porque contén cuestións para loitar contra o abuso da precariedade e temporaridade nas administracións públicas locais.  Así, permítenos avanzar no noso tripre obxectivo:

    • Acabar coa elevadísima temporalidade das nosas deputacións e Concellos, que afecta moi negativamente a todo o persoal temporal que non dispón da seguridade dun traballo fixo.
    • Conseguir que os procesos selectivos dispoñan de todas as garantías xurídicas e valórese ao máximo a achega destas persoas durante os anos que estiveron prestando un servizo público.
    • Mellorar as condicións de traballo do persoal interino e temporal