Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Presentado en Vigo o libro editado pola Fundación 10 de Marzo de CCOO sobre as loitas obreiras de 1972

    A Fundación 10 de Marzo de CCOO presentou o xoves, 8 de setembro, a obra Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo. O acto tivo lugar na libraría Casa del Libro de Vigo. No acto tomaron a palabra a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez, José G. Barral, un dos coautores, así como Ricardo Gurriarán e Emilio Crespo —editores e membros da Funcación.

    09/09/2022.
    Presentación do libro 'Galicia 1972'

    Presentación do libro 'Galicia 1972'

    Neste volume, unha trintena de autores reflexionan sobre as mobilizacións obreiras dese ano e que puxeron en xaque a ditadura, que estaba xa nos seus estertores.

    Como explicou a secretaria xeral de CCOO, este libro é unha homenaxe a unha «parte fundamental» da historia de Galicia, «protagonizada pola súa clase obreira». Os sucesos daquel ano en Ferrol e Vigo «marcaron a vida» de centos de mulleres e de homes que pxueron contra as cordas a ditadura.