Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

O Consello Comarcal de CCOO de Pontevedra elixiu hoxe a Pilar Mosquera como nova secretaria xeral

    O Consello Comarcal de CCOO de Pontevedra —máximo órgano entre congresos— elixiu este venres a Pilar Mosquera como nova secretaria xeral. Deste xeito, Mosquera toma a remuda de José Piñeiro, quen renunciou recentemente a esta responsabilidade por chegar á idade de xubilación. Pilar Mosquera é traballadora da industria téxtil cunha ampla experiencia sindical, xa que leva case dúas décadas sendo delegada de CCOO na súa empresa e nos últimos anos xa formou parte da Executiva comarcal pontevedresa.

    23/09/2022.
    De esq. a der., Pilar Mosquera e Amelia Pérez

    De esq. a der., Pilar Mosquera e Amelia Pérez

    Acompañaron a Mosquera neste nomeamento membros de distintas estruturas, como a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, a secretaria de Organización, Leila Piñeiro, o secretario de Acción Sindical, Armando Iglesias, e o secretario xeral da FSC-CCOO, José Manuel Ramos.

    Apoio á manifestación de Ence

    Este Consello Comarcal tamén aprobou unha resolución de apoio á manifestación convocada polo comité de empresa de Ence-Pontevedra para o vindeiro día 30. Outros temas tratados foron a recollida de sinaturas para unha ILP a prol da atención primaria e un informe que certifica os bos resultados de CCOO nas eleccións sindicais que houbo nos últimos dous anos na comarca.