Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O metal de Ourense demostra a súa unión e prepárase para a folga indefinida

    O sector do metal da provincia de Ourense protagonizou dúas xornadas de folga os días 28 e 29 de outubro, onde realizou nas rúas e nas empresas un exercicio de unión para esixir unha revalorización dos salarios que garante o poder adquisitivo fronte á inflación. O sector xa se prepara para a folga indefinida que comezará o vindeiro día 5 de outubro.

    29/09/2022.

    URL | Código para insertar

    A folga, convocada por Comisións Obreiras, UGT e CIG, chega tras numerosas reunións cunha patronal que teima en incrementar o 4 % anual para os exercicios 2022, 2023 e 2024, moi por baixo da inflación. Ademais, négase a que os aumentos poidan ser revisados ao remate do ano conforme o IPC. Os sindicatos coidan imposible aceptar estas cantidades, xa que condenarían a clase traballadora a unha desvalorización salarial inasumible para poder manter unhas condicións de vida dignas.

    CCOO, CIG e UGT manteñen a súa última proposta, na que esixen un 6,5 % para o ano 2022, un 6,5 % para o ano 2023 e un 5 % para o ano 2024, incluíndo cláusulas de revisión salarial ligadas ao IPC para garantir o poder adquisitivo.