Política de cookies

Este sitio usa cookies propias y de terceros para facilitar la navegación y obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón 'Aceptar' o configurarlas o rechazar su uso pulsando el botón 'Configurar cookies'

Para más información consulta nuestra Política de cookies

Configuración de cookies

Desde aquí puede activar o desactivar las cookies que utilizamos en este sitio web, a excepción de las de técnicas, que son imprescindibles. Si no selecciona ninguna opción, equivale a rechazar todas las demás cookies.

Cookies técnicas y de sesión, estrictamente necesarias

Sesión: PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_*

Permiten mantener la coherencia de la navegación y optimizar el rendimiento del sitio web, son imprescindibles

Técnica: config

Guarda la configuración de cookies seleccionada por el usuario

Cookies de terceros

Google Analytics: _gat, _gid y _ga

Utilizamos estas cookies para obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Están gestionadas por Google, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Facebook: _fbp

Cuando mostramos información incrustada de la red social Facebook, se genera automáticamente esta cookie. Está gestionada por Facebook, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Twitter: eu_cn, ct0, guest_id y personalization_id

Cuando mostramos información incrustada de la red social Twitter, se generan automáticamente estas cookies. Están gestionadas por Twitter, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Política de cookies

SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA informa de que este sitio web usa cookies para o seguinte:

  1. Asegurar que as páxinas web poidan funcionar correctamente.

  2. Recompilar información estatística anónima, como que páxinas visitou a persoa usuaria ou canto tempo permaneceu no sitio web.

  3. Mostrar contido de redes sociais, sempre relacionado con información da organización de CCOO.

Informamos de que contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de CCOO, que poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.

A continuación encontrará información detallada sobre que son as cookies, que tipo de cookies utiliza este sitio web, como pode desactivalas no seu navegador e como bloquear especificamente a instalación de cookies de terceiros.

  1. 1. Que son as cookies?

    As cookies son arquivos que os sitios web ou as aplicacións instalan no navegador ou no dispositivo (teléfono intelixente, tableta ou televisión conectada) da persoa usuaria durante o seu percorrido polas páxinas do sitio ou pola aplicación, e serven para almacenar información sobre a súa visita.

    O uso de cookies permite optimizar a navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses da persoa usuaria, para proporcionarlle unha mellor experiencia sempre que visita o sitio web.

  2. Tipoloxía, finalidade e funcionamento

    As cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en cookies de sesión ou permanentes. As primeiras expiran cando a persoa usuaria pecha o navegador. As segundas expiran cando se cumpre o obxectivo para o que serven (por exemplo, para que a persoa usuaria se manteña identificada no sitio web) ou ben cando se borran manualmente.

    Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as cookies utilizadas poden clasificarse da seguinte forma:

    • Estritamente necesarias (técnicas): son aquelas imprescindibles para o correcto funcionamento da páxina. Normalmente, xéranse cando a persoa usuaria accede ao sitio web ou inicia sesión nel e utilízanse para identificala no sitio web cos seguintes obxectivos:

      • Manter a persoa usuaria identificada de forma que, se abandona o sitio web, o navegador ou o dispositivo e noutro momento volve acceder a ese sitio web, seguirá identificado, facilitando así a súa navegación sen ter que volver a identificarse

      • Comprobar se a persoa usuaria está autorizada para acceder a certos servizos ou zonas do sitio web.

    • De rendimiento: utilízanse para mellorar a experiencia de navegación e optimizar o funcionamento do sitio web.

    • Analiticas: recompilan información sobre a experiencia de navegación da persoa usuaria no sitio web, normalmente de forma anónima, aínda que, en ocasións, tamén permiten identificar de maneira única e inequívoca a persoa usuaria co fin de obter informes sobre os seus intereses nos servizos que ofrece o sitio web.

    Para máis información, podes consultar a guía sobre o uso das cookies elaborada pola Axencia Española de Protección de Datos en https://www.aepd.es/sites/default/files/2020-07/guia-cookies.pdf

  3. 3. Cookies utilizadas neste sitio web

    A continuación, móstrase unha táboa coas cookies utilizadas neste sitio web, incorporando un criterio de “nivel de intrusividade” apoiado nunha escala do 1 ao 3, na que:

    Nivel 1: correspóndese con cookies estritamente necesarias para a prestación do propio servizo solicitado pola persoa usuaria.

    Nivel 2: correspóndese con cookies de rendemento (anónimas), necesarias para o mantemento de contidos e navegación, das que só é necesario informar sobre a súa existencia.

    Nivel 3: correspóndese con cookies xestionadas por terceiros que permiten o seguimento da persoa usuaria a través de webs das que o SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA non é titular. Pode corresponderse con cookies onde se identifica a persoa usuaria de xeito único e evidente.

    TABLA DE COOKIES UTILIZADAS
    CookieDuraciónTipoPropósitoIntrusividade
    PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_* Sesión Imprescindibles Manter a coherencia da navegación e optimizar o rendemento do sitio web 1
    config 1 ano Imprescindibles Gardar a configuración de cookies seleccionada pola persoa usuaria 2
    Google Analytics (_gat, _gid y _ga) 24 horas Analítica, de terceiros (Google) Permitir a medición e análise da navegación nas páxinas web 3
    Facebook (_fbp) 3 meses Terceiros (Facebook) Mostrar información incrustada da rede social Facebook 3
    Twitter (eu_cn, ct0, guest_id, personalization_id) Sesión Terceiros (Twitter) Mostrar información incrustada da rede social Twitter 3

    Desde as seguintes ligazóns podes consultar a política de cookies de terceiros: Política de cookies de Google, Política de cookies de Facebook, Política de cookies de Twiter

  4. Deshabilitar o uso de cookies

    A persoa usuaria, no momento de iniciar a navegación da web, configurou a preferencia de cookies.

    Se nun momento posterior desexa cambiala, pode facelo a través da configuración do navegador.

    Se a persoa usuaria así o desexa, é posible deixar de aceptar as cookies do navegador, ou deixar de aceptar as cookies dun servizo en particular.

    Todos os navegadores modernos permiten cambiar a configuración de cookies. Estes axustes encóntranse normalmente nas Opcións ou Preferencias do menú do navegador.

    A persoa usuaria poderá, en calquera momento, deshabilitar o uso de cookies neste sitio web utilizando o seu navegador. Hai que ter en conta que a configuración de cada navegador é diferente. Pode consultar o botón de axuda ou ben visitar as seguintes ligazóns de cada navegador onde lle indicará como facelo: Internet Explorer, FireFox, Chrome, Safari

    Tamén existen outras ferramentas de terceiros, dispoñibles en liña, que lle permiten á persoa usuaria xestionar as cookies.

  5. Que ocorre ao deshabilitar as cookies?

    Algunhas funcionalidades e servizos poden quedar deshabilitados, ter un funcionamento diferente ao esperado ou incluso que se degrade notablemente a experiencia de navegación da persoa usuaria.

  6. Actualización da política de cookies

    SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA pode modificar esta política de cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar a dita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos, por iso se aconsella á persoa usuaria que a visite periodicamente.

    Cando se produzan cambios significativos nesta política de cookies, comunicarase a través da web.

Día internacional das persoas maiores 2022

    O día 1 de outubro do 2022 conmemórase o trixésimo segundo aniversario do Día Internacional das Persoas Maiores, designado pola Asemblea Xeral da ONU na súa resolución 45/106. Para CCOO non é só un día de celebración, senón tamén de reivindicacións e propostas que dean solución aos retos que afrontamos os colectivos de persoas maiores.

    30/09/2022.
    Día Internacional das Persoas Maiores

    Día Internacional das Persoas Maiores

    A pandemia (que aínda non rematou) ha facernos reflexionar sobre a importancia que lle outorga a sociedade á saúde, a vivenda, as relacións sociais e, sobre todo, aos coidados, xa que son un elemento central para asegurar a calidade de vida de toda a poboación. As persoas maiores, consideradas grupo de risco ante o virus, sufriron e seguen sufrindo as consecuencias da pandemia en todos estes ámbitos, debido ao maior impacto do virus na súa saúde, pero tamén á falta de recursos que as Administracións públicas de todos os niveis destinan ás políticas públicas de saúde, vivenda e dependencia.

    Non podemos esquecer que a crise sanitaria puxo o foco sobre as residencias, espazos de vivenda en común onde se infectaron e faleceron un número moi elevado de persoas maiores residentes, nunha gran cantidade de casos sen recibiren asistencia médica. A calidade da atención ás persoas maiores residentes e as condicións laborais das persoas que traballan nas residencias fixeron saltar as alarmas sobre a necesidade de aumentar o control sobre as residencias para asegurar unha mellor xestión, especialmente en momentos críticos. Non debe esquecerse que o 70 % das prazas residenciais en España son privadas. Cómpre analizar a gravidade do ocorrido coa covid-19, e mobilizar a todas as Administracións públicas para cambiar o actual modelo de residencias por outro que non busque só o beneficio económico, senón, fundamentalmente, o benestar das persoas usuarias.

    España, igual ca outros países da súa área, ha afrontar o desafío de asegurar a calidade de vida das persoas maiores, que ano tras ano son máis numerosas. O proceso de envellecemento poboacional, ao que España se suma con certo atraso con respecto a outros países europeos, atravesa os debates sobre os novos retos que os estados do benestar deben afrontar. Os cambios demográficos iniciados nas últimas décadas do século XX están transformando a composición social: a caída da fecundidade, o aumento da idade de formación das familias e a prolongación da esperanza de vida están dando lugar a poboacións cada vez máis envellecidas.

    Non podemos esquecer o envellecemento da poboación nas zonas rurais, que fai da atención e os coidados un elemento crucial para asegurar a calidade de vida das persoas maiores residentes neses núcleos poboacionais, e moi especialmente das mulleres, pois son ampla maioría. Tamén hai que atender as persoas máis novas que coidan delas.

    Reclamamos neste día a visibilidade e a importancia do feito de recoñecer as relevantes achegas que as persoas maiores realizamos no avance da nosa sociedade, así como para crear conciencia interxeracional sobre as diferentes oportunidades e desafíos do envellecemento activo no noso tempo.

    Os países en desenvolvemento albergarán máis de dous terzos da poboación de idade avanzada do mundo. No año 2050 alcanzaremos a cifra de 1100 millóns de persoas maiores. Hoxe, en España, dos algo máis de 47,3 millóns de habitantes, case o 20 % son persoas maiores de 65 anos.

    A pandemia da covid-19 visualizou a relevancia que teñen os servizos públicos para garantir o benestar de todas as persoas, pero non podemos obviar os evidentes retos que aínda ha superar, sobre todo para o colectivo de persoas maiores, por iso urxe resolver as numerosas lagoas e carencias do noso sistema de protección social.

    É necesaria máis atención ás persoas no seu domicilio, hai que identificar as persoas con maiores necesidades de atención e priorizar as consideradas imprescindibles en cada caso para, así, poder reorganizar os recursos. Demándase que sexan os e as asistentes sociais pertencentes ás respectivas consellerías de servizos sociais as que, no marco dunha adecuada coordinación sociosanitaria, baixo a dirección dos servizos públicos de saúde, avalíen as situacións persoais e sociais das persoas usuarias, e non as empresas privadas que actualmente prestan estes servizos.

    Os sistemas públicos de saúde, dependencia e servizos sociais son esenciais para lograr envellecer en condicións saudables e con autonomía. Ademais, son instrumentos para loitar contra a desigualdade en todas as etapas da vida, abordando as diferenzas territoriais existentes así como a cobertura de servizos e recursos destinados ás persoas maiores.

    Hai que seguir garantindo o Sistema Público de Pensións. Nese sentido, o último acordo é moi importante pois se garante a revalorización das pensións coa media da suba do IPC de decembro a novembro; elimínase o factor de sostibilidade, polo cal as futuras pensións perdían poder adquisitivo; o Estado asume as políticas de interese xeral (emprego, igualdade, apoio sectorial, etc.) que se viñan financiando coas cotizacións da Seguridade Social, e comprométese a garantir o Sistema Público de Pensións ao incluír na Lei xeral da Seguridade Social unha cláusula mediante a cal, anualmente, se transferirá a través dos OXE arredor dun 2 % do PIB, 22 000 millóns de euros, o que representa unha gran mellora nos ingresos do sistema e, polo tanto, da sostibilidade das pensións. Hai unha segunda fase que se ten que negociar (xa se negociaron as cotizacións do réxime especial de traballadores autónomos, RETA, con acordo de todas as organizacións sociais, asociacións de autónomos incluídas, para que nun período de transición coticen polos ingresos reais; o Goberno sacou adiante os plans e fondos de pensións de emprego). Aínda está pendente aumentar os ingresos do sistema co destope das bases máximas de cotización.

    Non podemos esquecer que a desigualdade salarial entre homes e mulleres se reflicte claramente na fenda que existe nas pensións. Tanto o tipo de pensión como a súa contía colocan as mulleres nunha posición peor ca a dos homes.

    Por todo iso, o día 1 de outubro, a Federacións de Pensionistas e Xubilados de CCOO reclamámoslles ao Goberno e ao conxunto das Administracións e poderes públicos o seguinte:

    1. O desenvolvemento e implantación de políticas públicas en materia de promoción da saúde, imprescindible para garantir o envellecemento activo; a súa falta inflúe de forma directa na deterioración da saúde e as capacidades autónomas das persoas maiores. Faise cada día máis imprescindible situar o gasto sanitario público en, polo menos, o 7,2 % do PIB, algo que levamos reivindicando anos e que coa pandemia se demostrou moi necesario. Ese incremento no financiamento debe levar consigo o aumento do gasto en Atención Primaria ata o 25 % do total, para conseguir acercar á poboación os servizos sanitarios e dar máis capacidade resolutiva á Atención Primaria.

    2. Cómpre impulsar a atención domiciliaria ás persoas dependentes, así como reforzar os centros de atención diúrnos e nocturnos. Tamén hai que recoñecer o enorme esforzo e entrega que demostraron durante a pandemia os cadros de persoal das residencias, que traballaron en condicións moi precarias e cos que se segue tendo a débeda de lles asegurar unhas condicións de traballo xustas e dignas. Para articular o modelo residencial que necesitamos, cómpre ter protocolos de coidado ás persoas usuarias das residencias. Cómpre a vixilancia por parte das Administracións públicas competentes, para asegurar que se cumpren as condicións acordes coa licenza de funcionamento das residencias. Hai que minimizar o risco de condutas non adecuadas ou un sistema baseado máis no negocio que na atención e o benestar das persoas residentes.

    3. Reclamamos que na axenda política do noso país se recupere o impulso a unha lei integral dos dereitos das persoas maiores. Esta lei debe garantir a protección específica deste colectivo, debe incluír os ámbitos da saúde, a vivenda, a protección social e económica, a protección xurídica, a cultural ou o ocio; tamén a non discriminación por razón de idade ou sexo e garantir a visibilidade e a participación activa das persoas maiores en todos os ámbitos da sociedade. En definitiva, unha lei que protexa e impulse a idea do envellecemento activo como un logro obtido polos avances científico-técnicos do coñecemento humano e, asemade, como un reto para lograr que durante o tempo que se prolongue a existencia se garanta a mellor calidade de vida.

    4. O Acordo de diálogo social para a posta en marcha do Plan de Choque do Sistema de Dependencia 2021-2023, subscrito en xaneiro de 2021 por CCOO, UGT, CEOE, CEPYME e o Ministerio de Dereitos Sociais, incluía un compromiso de aumentar o financiamento estatal, condicionándoo á mellora de determinados indicadores de calidade do SAAD. Entre eles encóntranse a calidade do emprego dos e das profesionais que prestan os servizos xunto a outros como reducir a lista de espera, o recoñecemento prioritario de servizos profesionais fronte a prestacións económicas, etc.

    Malia que o Goberno está a cumprir co compromiso de aumentar o financiamento estatal en 3600 millóns de euros ata 2023, o Ministerio de Dereitos Sociais non vinculou a condicionalidade desta mellora de financiamento ao aumento da calidade do emprego e o Acordo de acreditación de centros e servizos renuncia a adoptar medidas contundentes de mellora das condicións laborais ata que finalice o ano 2023; e, mesmo entón, condiciona as escasas medidas a un novo e adicional incremento de financiamento.

    5. Como estamos nunha crise enerxética e alimentaria, con fortes subas dos prezos destes bens esenciais, que fai que miles de persoas traballadoras, pensionistas e xubiladas teñan problemas para chegar a fin de mes, solicitamos que se baixe o prezo dos servizos esenciais e se aplique unha distribución equilibrada entre todas as rendas, incluíndo os beneficios empresariais.

    6. Demostrouse que o proceso de diálogo social é o método máis eficaz para garantir pensións dignas, suficientes e sostibles, tanto para nós como para os futuros pensionistas. Ese proceso permitiu recuperar a revalorización das pensións ligadas ao IPC, garantindo así o poder adquisitivo de todas as persoas pensionistas. Pero agora, co IPC disparado, topámonos con algúns chamados «expertos» e co gobernador do Banco de España, que están facendo presión para que as persoas pensionistas e xubiladas non recuperemos todo o IPC.

    7. Os partidos políticos deben ter en conta que o colectivo de persoas maiores é moi vulnerable a políticas de recortes en calquera materia (sanidade, vivenda, pensións). Máxime cando, en demasiadas ocasións, son as persoas maiores as que se ven obrigadas a asumir o papel de sustentadoras principais dos fillos e netos; non é anecdótico que as pensións supoñen a principal fonte de ingresos de máis do 25 % dos fogares.

    8. Hai que revisar os criterios de acceso ao bono social térmico para que este cubra a máis colectivos en situación de pobreza enerxética, simplificando a carga burocrática e facilitando as xestións para acollerse a el.

    Hai que reformar o sistema de formación de prezos do mercado da electricidade para limitar os beneficios extraordinarios das compañías eléctricas, así como un maior control público dalgunhas das actividades do sistema eléctrico. Unha gran parte dos países da UE teñen empresas xeradoras de electricidade cuxo capital é público en parte ou totalmente. En España dáse o paradoxo de que unha das grandes empresas xeradoras de electricidade, ENDESA, é propiedade nun 70 % de Enel, empresa pública italiana.

    9. As persoas maiores preferimos envellecer na casa de noso, pero un dos principais problemas é a accesibilidade ao nosos fogares, pois en España hai arredor de cinco millóns de edificios sen ascensor, amais doutras barreiras arquitectónicas, polo cal, uns 1,8 millóns de persoas non teñen a posibilidade de saír das súas casas.

    10. Queremos resaltar que, quen sofre os efectos da falta de servizos, o empobrecemento e o abandono institucional na España baleirada, son as persoas que maioritariamente a habitan, as persoas maiores. Urxe a posta en práctica de políticas que as saquen do esquecemento, e para iso cómpre un debate nacional sobre a España que queremos e como a queremos estruturar.

    11. Necesítase asegurar unha estrutura fiscal xusta e eficiente que permita asumir o investimento social necesario que nos achegue á media dos países europeos da nosa contorna, para asegurar vidas dignas e unha maior cohesión social.

    Ante os problemas que temos no noso colectivo e se non se teñen en conta as nosas propostas no desenvolvemento de políticas públicas e a maior dotación de recursos para mellorar o sistema de saúde e dependencia, o financiamento das pensións e a reformulación do sistema produtivo e fiscal, as persoas pensionistas e xubiladas de CCOO, xunto coa sociedade organizada, seguiremos mobilizándonos para conseguilo.