Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

En Galicia chove sobre mollado na sanidade pública. O risco do desmantelamento e privatización e real.

    Comisións Obreiras, e o resto das organizacións que integran a plataforma SOS Sanidade Pública, manifestáronse o pasado venres en Vilagarcía contra a deterioro da atención primaria.

    16/10/2022.
    Juan Bao Sec. Xeral de CCOO-Arousa ao inicio da manifestación

    Juan Bao Sec. Xeral de CCOO-Arousa ao inicio da manifestación

    A marcha partiu ás 20 horas da Avenida da Mariña, encabezada polo lema: «Na defensa da sanidade pública. Salvemos a atención primaria». Os medios de comunicación coinciden nunha participación histórica, e a cuantifican en milleiros de persoas falando de mais de 6000, mentres que a dirección da CRTVG non lle da maior relevancia e reduce a participación a centos de persoas. 

    Desde a plataforma SOS Sanidade, da que forma parte CCOO, lembran que a política sanitaria da actual Xunta de Galicia está a «deteriorar e facer inviable economicamente» o sistema sanitario público «como paso previo a súa privatización». Co argumento de que a crise económica e a pandemia, obrigou a reducir gastos e a procurar apoio no sector privado, a Consellaría de Sanidade pretende xustificar a degradación da atención primaria.

    CCOO entende que non hai solucións para a atención primaria se non se incrementa o seu orzamento e sen activa unha xestión participativa, eficaz e eficiente. Para CCOO, o problema da sanidade non é exclusivo nin de médicos, nin de atención primaria. «Os problemas son globais, polo tanto, tamén o teñen que ser as solucións, sexa cal fora a categoría profesional ou o tipo de atención». 

    CCOO non vai ser «cómplice» de quen fala de aumento de recursos pero sen incremento dos orzamentos. Para resolver o «grave» déficit da atención primaria e da sanidade publica, CCOO coida «imprescindible e urxente» un pacto político e social, xa que as deficiencias da atención primaria teñen como orixe a escaseza de recursos sanitarios. Só así se conseguirá reducir as listaxes de espera, evitar o peche de camas e quirófanos ou dispor de tempo suficente para cada consulta. 

    CCOO rexeita os ataques reiterados ao sistema de saúde e aos seus traballadores e traballadoras. 

    Manipulación informativa da CRTVG

    CCOO critica á manipulación informativa e tratamento da información sobre a manifestación de Vilagarcía, e mostra novamente o apoio ao persoal de CRTVG.

    A gestión dos medios de comunicación da Xunta de Galicia no referente as protestas contra o deterioro da Sanidade publica, e especialmente da atención primaria, converte o papel desempeñado pola CRTVG «dun amplificador das falsidades do Goberno galego e de unha maquina de manipulación do PP». Non se pode cambiar o obxecto e a alta participación na manifestación celebrada en Vilagarcía, e de maneira touticeira sacarlle a importancia da mesma para unha comarca que lanzouse a rúa para protestar contras as políticas sanitarias de Xunta de Galicia e para salvar a atención primaria.