Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

25N 2022, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

    As mulleres temos unha esperanza de vida maior ca os homes, pero temos peor calidade de vida e máis risco de pobreza, violencia, discriminación e soidade cando somos maiores, sobre todo as mulleres con pensións baixas ou non contributivas.

    16/11/2022. Secretaría de Mulleres e Igualdade Federación de Pensionistas de CCOO
    25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

    25N, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

    As mulleres maiores de 65 anos que sofren violencia de xénero son especialmente invisibles. Supoñen entre o 10 e o 15 % das mulleres asasinadas, pero iso é só a punta do iceberg. Son moitas as que soportan agresións da súa parella ou exparella, sen distinción de nivel social ou económico.

    Somos mulleres que socializamos nun sistema patriarcal no que moitas asumiron un rol de xénero que favorece a normalización da violencia cotiá e a súa longa duración. Estas mulleres sofren unha dobre discriminación: por idade e por xénero. Isto dificulta o autorrecoñecemento como vítimas, condiciona a resposta do círculo familiar e facilita que poidamos sufrir diversos tipos de violencia: física, psicolóxica, sexual e económica.

    Algúns acontecementos vitais, como o matrimonio, o embarazo, a maternidade, a separación, a xubilación, o papel como coidadora do maltratador..., potencian, aceleran e agravan a escalada da violencia. E unha vez afrontada a situación, o risco de que o maltratador cometa unha nova agresión é moi alto.

    O impacto na saúde da violencia sostida, unida á idade, é elevado. O control económico do maltratador provoca risco de pobreza e exclusión. O illamento ao que foron sometidas as vítimas acrecenta o medo e a soidade non desexada.

    A situación vital das mulleres maiores require unha resposta axustada ás súas necesidades, que empece con accións de difusión, prevención e sensibilización.

    A Secretaría de Mulleres e Igualdade da Federación de Pensionistas de CCOO anima a todas as compañeiras e compañeiros a participar activamente, en cada vila ou cidade, xunto co movemento feminista, en todo tipo de actos programados ou apoiados polas unións, as federacións e o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

    Fronte ás violencias contra as mulleres, NIN UN PASO ATRÁS.

    Documentación asociada
    Documentación asociada