Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

O sector naval sae as rúas en apoio a familia, compañerios e amigos do traballador falecido

    Moitos traballadores do naval, coa solidariedade do persoal de Naviantia Ferrol que pararon as 10:30, saíron as rúas de Vigo en apoio a familia, compañerios e amigos do falecido e reclamando mais seguridade no sector naval.

    25/11/2022.

    URL | Código para insertar

    CCOO de Galicia traslada as súas condolencias a familiares, compañeiros e compañeiras e amizades do traballador que perdeu a vida nun accidente laboral nas instalacións do estaleiro Cardama.

    O sindicato insta a «extremar as precaucións» e a «non escatimar» medidas de prevención; reivindica políticas públicas en prevención de accidentes laborais, e un maior control por parte da Administración sobre a aplicación das ferramentas de prevención de riscos laborais en todas as empresas.

    Dende CCOO insistimos na necesidade de colaboración entre os diferentes axentes involucrados na prevención para evitar que traballadores e traballadoras perdan a vida a causa de accidentes laborais, e esiximos a pronta e exhaustiva investigación do sinistro e a determinación das responsabilidades.