Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 22 Maio 2024.

CCOO chama a participar o mércores nas mobilizacións de SOS Sanidade Pública

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia chama a cidadanía galega a participar mañá mércores, 30 de novembro, nas mobilizacións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte.

    29/11/2022.
    Concentracións o 30 de novembro en defensa da sanidade pública

    Concentracións o 30 de novembro en defensa da sanidade pública

    Desde a plataforma denuncian os problemas con que se atopa a poboación para ser atendida nos centros de saúde, PAC e servizos de pediatría e atención primaria, as listaxes de espera de días e as consultas masificadas ou a precariedade laboral e falta de recursos que padece o persoal, entre outras eivas.

    SOS Sanidade denuncia a falta de vontade da Xunta de Galicia para corrixir a situación. De feito, o orzamento sanitario para o 2023 case non aumenta respecto do ano pasado. No caso da atención primaria, porta de entrada ao sistema, o investimento só sobe do 13,4 ao 13,7 % do gasto sanitario total.

    Con este investimento é imposible recuperar a normalidade nas consultas de medicina familiar, así como os servizos de pediatría e os PAC que pecharon por falta de persoal médico, denuncia a plataforma, que convoca para mañá concentracións en todas as cidades e en numerosas vilas de Galicia.

    Antes de cada concentración está previsto recoller sinaturas para apoiar a iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa da atención primaria. Ata o momento xa se recolleron máis de 17.000 —o mínimo legal son 10.000— e SOS Sanidade aspira a reunir aínda máis apoios antes de que a iniciativa se tramite no Parlamento de Galicia.

    Concentracións

    — A Coruña. Ás 20 horas, no Obelisco

    — Ferrol. Ás 19 horas, dianto do ambulatorio Fontenla Maristany

    — Burela. Ás 12 horas, diante do centro de saúde

    — Santiago de Compostela. Ás 20 horas na praza Roxa

    — Vigo. Ás 19 horas, diante do museo MARCO

    — Pontevedra. Ás 19 horas, no cruzamento de Benito Corbal con Sagasta

    — O Grove. De 8 a 10 horas diante do centro de saúde e de 10:30 a 12:30 na rúa Castelao, diante da antiga Abanca

    — Sanxenxo. De 8:30 a 11 horas diante do centro de saúde de Baltar e de 12:30 a 14 horas diante do centro de saúde de Vilalonga

    — Moaña. Ás 12 horas diante do centro de saúde

    — Ponteareas. Ás 19 horas na praza Bugallal

    — A Guarda. Ás 20 horas na praza Avelino Vicente

    — Nigrán. As 19 horas na alameda da Ramallosa

    — Cambados. Ás 11:30 horas diante do centro de saúde

    — Cerdedo-Cotobade. Ás 11:30 horas diante do centro de saúde

    — Arbo. Ás 19:30 na praza do Concello

    — Vilagarcía de Arousa. Ás 19 horas diante do centro de saúde de San Roque