Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO participou nun foro de debate sobre a axenda 2030 de Santiago de Compostela

    Comisións Obreiras (CCOO) participou este luns nun foro de debate organizado pola Cadena SER sobre a axenda 2030 en Santiago de Compostela. O sindicato estivo representado por Francisco Méndez, quen interveu nunha mesa redonda introducida por Melchor Fernández, do comité técnico asesor do CES de Santiago de Compostela, e na que participaron tamén Mar Pernas (Espazo Coop), Rosa Mary Cardeso (Cámara de Comercio) e Juan Lema (USC).

    29/11/2022.
    CCOO participou neste evento organizado pola Cadena SER

    CCOO participou neste evento organizado pola Cadena SER

    Francisco Méndez salientou que CCOO é o único sindicato que presentou propostas para integralas na Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. O sindicalista defendeu que estas axendas son útiles para que os concellos «poidan trazar plans estratéxicos que abrangan máis dunha lexislatura».

    As propostas de CCOO van encamiñadas ao incremento do peso do PIB industrial da cidade, con medidas como a reserva de terreos industriais, fomentar cooperativas de transformación agroalimentarias ou atraer industrias tractoras, entre outras.

    CCOO tamén propuxo iniciativas para conseguir unha «cidade con emisións netas cero», entre as que destacou as comunidades enerxéticas, a rehabilitación enerxética, a mellora do transporte público ou a limitación do tráfico rodado.