Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO-Ensino consegue os seus mellores resultados históricos nas eleccións sindicais e consolídase como segunda forza

    Nas eleccións sindicais do ensino público galego, que tiveron lugar o xoves, CCOO conseguiu os seus mellores resultados históricos, conseguindo ademais unha gran mellora respecto hai catro anos. A Federación do Ensino aumenta de 28 a 34 delegados e delegadas a súa representación, dun total de 146, o que significa consolidar o segundo posto e mellorar a representación nos catro órganos provinciais.

    02/12/2022.
    Na fotografía, as cabezas das candidaturas provinciais de CCOO-Ensino

    Na fotografía, as cabezas das candidaturas provinciais de CCOO-Ensino

    Cabe salientar os resultados na provincia de Ourense, onde CCOO volve ser primeira forza, incluso aumentando representación, ata situarse en dez delegados e delegadas. Na Coruña sobe en tres, para sumar un total de doce representantes; un en Pontevedra (nove en total) e mantén os tres que xa tiña en Lugo.

    CCOO-Ensino agradécelle a toda a súa afiliación e ás persoas que votaron por este sindicato o apoio expresado nestas eleccións, pois «reforzan o modelo de sindicalismo útil e efectivo que ten como obxectivos fundamentais acadar melloras para as e os docentes galegos e a defensa dun ensino público de calidade».